O noso centro educativo participa no proxecto europeo AgileDT como equipo de apoio do centro líder dende España, o CPR Castelao de Vigo. Trátase dun proxecto de innovación educativa co que o CPR Liceo La Paz está moi ilusionado.

Dende o ano pasado os docentes da área de formación profesional do noso centro, Brais Arias Río e Mónica Pérez  Sueiro, coordinados dende a Escola de Idiomas do Liceo por Jénnifer Meléndez Luces, participan nesta innovadora iniciativa que busca introducir as metodoloxías áxiles no ámbito da Formación Profesional. Liderado dende Irlanda polo Learnovate Centre (Trinity College Dublin) e apoiado pola Universidade de Galway, o proxecto reúne escolas de diferentes países (Eslovenia, Portugal e España) cun obxectivo común: transformar as aulas en espazos dinámicos de aprendizaxe e innovación. 

O enfoque principal de AgileDT baséase en fomentar a creatividade, a colaboración e a adaptabilidade, tanto en estudantes como en docentes. Facendo uso de metodoloxías áxiles como o Design Thinking, os participantes exploran novas formas de abordar problemas e deseñar solucións innovadoras que teñan impacto no seu entorno educativo e profesional. 

Un dos obxectivos principais do proxecto é promover a colaboración interdisciplinar entre ciclos de distintas familias profesionais,  preténdese sumar coñecementos e habilidades diversas para crear solucións a problemas reais. 

No marco do proxecto, os estudantes e profesores do noso centro participaron en talleres para coñecer novas técnicas innovadoras e aprender a aplicalas, como o Crazy 8, a definición de perfís de usuarios ou o prototipado rápido. 

Estas ferramentas favorecen un cambio de mentalidade, que permite deixar atrás as metodoloxías tradicionais e adoptar enfoques máis flexibles, creativos e eficaces. 

Un dos momentos destacados do proxecto este curso foi o taller presencial en Aveiro (Portugal), onde tanto estudantes das DT-forces (equipos líderes do proxecto) como os docentes de todos os centros participantes tiveron a oportunidade de aplicar todo o aprendido nos talleres a distancia e seguir coa formación. 

Nestes momentos o equipo segue a traballar en liña, preparándose para o seguinte encontro presencial que terá lugar dentro duns meses en Vigo. Estánse a desenvolver os primeiros pasos para definir o IF(Innovation Framework) que se empezará a probar en diversos grupos. 

A través de metodoloxías áxiles, podemos facer que cada aula sexa un espazo de cambio e oportunidade. A educación do futuro constrúese hoxe, e estamos comprometidos en crear unha experiencia educativa máis colaborativa, reflexiva e adaptada ás necesidades do século XXI. Invitamos a toda a comunidade educativ a unirse a esta revolución pedagóxica, que esperamos que marque un antes e un despois na maneira de ensinar e aprender. 

Podedes visitar a Web do proxecto ou leer a experiencia dos nosos docentes no primeiro encontro presencial do equipo AgileDT que tivo lugar o curso pasado en Eslovenia. 

Non deixedes de seguir as nosas redes sociais e as do proxecto para estar ao día das novidades de AgileDT! 

Tags:

No responses yet

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *