Categories:

O Liceo La Paz participa nunha formación clave sobre Erasmus+

O Departamento de Relacións Internacionais do Liceo La Paz participa nunha formación clave para a obtención da acreditación Erasmus+

Comprácenos informar que o Departamento de Relacións Internacionais do Centro Educativo Liceo La Paz participou recentemente nunha formación esencial para avanzar no mundo Erasmus. Este curso, denominado «Acreditación Erasmus: Formación para Centros», é un paso fundamental no noso compromiso continuo coa internacionalización da nosa institución.

Durante esta formación, o noso equipo adquiriu coñecementos cruciais sobre os diferentes niveis de participación no programa Erasmus+, as vantaxes dunha acreditación KA121 fronte a un KA122, e os requisitos técnicos necesarios para a solicitude de acreditación. Esta formación permitiulles as nosas coordinadoras entender mellor como integrar o programa Erasmus+ na nosa estrutura educativa, facilitando a mobilidade do noso alumnado e persoal.

O obxectivo desta participación é dobre: por un lado, continuar profundizando nas oportunidades que ofrece Erasmus+ e, por outro, comezar a traballar na futura solicitude para converternos nun centro acreditado. A acreditación Erasmus representa unha proposta estratéxica de mellora para o noso centro, e estamos entusiasmadas coas oportunidades que – de ser acadada – traerá para os nosos estudantes e profesores.

Seguiremosvos informando sobre os avances deste proceso e os futuros pasos cara á nosa acreditación. Léemonos pronto!

Tags:

No responses yet

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *